En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Adas, vencedor do galego de cross curto por clubs na Rúa

Ganaba nas categorías masculina e feminina sénior-Sub 23 neste campionato desputado no circuíto do Aguillón cunha notable participación

Dobre podio para o Adas na casa. O circuíto do Aguillón acollía na mañá do 28 de xaneiro o 11º Campionato de Galicia de Cross Curto (4 km) por Clubs no que o club valdeorrés se facía co título na categoría sénior-Sub.23 (promesa) masculina e feminina.

Así o equipo feminino do Adas (formado por Leticia Fernández, Sandra Mosquera, Joana F. Pereira, Paula Santos, Barca Toba e Grit Hagen) obtiña 17 puntos que lle daban unha sólida vitoria, fronte aos 32 puntos do segundo clasificado, o Comesaña Sporting Club. En sexto lugar situábase o Ourense Atletismo, con 88 puntos. A mellor atleta da cita era Leticia Fernández (Adas), que cruzaba a meta seguida da súa compañeira Sandra Mosquera.

Na categoría masculina, tamén se impoñía o Adas, cun total de 44 puntos, sguido polo CA Santiago con 50. O conxunto valdeorrés estaba formado por Alejo Ares, Carlos Villamor, Akka Essaadoui, Marcos Casado, Hugo Sánchez e Pablo Vicente. O mellor resultado viña da man de Alejo Ares, que quedaba segundo na carreira.

Ademais, A Rúa acollía outras dúas competicións galegas cunha notable participación e na que o Adas tamén se subía ao podio: o campionato de Galicia sub-16 e sub 18 individual e de clubs e o 22º Memorial Alejandro Lorenzo-Campionato galego de menores.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button