EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O novo viño rosado de Roandi e Tortel, na Casa das Crechas

Esta maridaxe entre música e cultura vitivinícola enmarcase no ciclo “Baixo a Vide. Concertos con Denominación de Orixe”
O artista Tortel.
O artista Tortel.

Viño e espectáculo. Un binomio co que xoga con acerto a innovadora iniciativa “Baixo a Vide. Concertos con Denominación de Orixe”. No seu marco o 22 de maio terá lugar en Santiago un concerto do grupo valenciano Tortel, con entrada libre, durante o cal se poderá desfrutar dos novos caldos da adega valdeorresa Roandi, con sede en Éntoma (O Barco). Seguindo coa filosofía deste ciclo de buscar o lugar máis idóneo para cada proposta, será a Casa das Crechas, e máis concretamente a praza de Vía Sacra que está en fronte do mítico local compostelano, o espazo que acollerá esta nova entrega.

En concreto a adega presentará o Dona Delfina Rosado 2013, elaborado coas variedades Mencía, Sousón e Brancellao, o que converte nun dos escasos rosados de Galicia, terra non acostumada á elaboración deste tipo de viños.

Asemade Roandi tamén presentará a nueva colleita do Dona Delfina Godello 2013 e a nova imaxen coa que contan estes viños que saen ao mercado, representación do perfil renovado da marca e o cambio estético e progresivo na súa visión comercial.

Botella do rosado valdeorrés Dona Delfina.
Botella do rosado valdeorrés Dona Delfina.

Será unha boa maneira de acompañar ao terceiro traballo de Jorge Pérez, músico afincado en Valencia e que publica os seus discos baixo o nome de “Tortel” emana vitalismo e pop colorista por todos os seus recobecos. “Unha asollada harmonía de ritmos latinos e psicodelia, un disco que che debuxa un sorriso desde que empeza a soar e que parece composto para acompañar unha viaxe ao longo dunha estrada que transcorre pegada ao mar, no que non temos ningunha présa por chegar ao seu destino mentres as 10 cancións que conforman ‘La gran prueba’ sigan soando”, segundo se destaca dende a organización do evento.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button