EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

A adega valdeorresa A Coroa realiza unha xira promocional de dúas semanas por EEUU

Tras visitar oito cidades de cinco estados norteamericanos, a adega valdeorresa A Coroa vén de constatar “a boa saúde e prestixio do que goza a variedade godello neste mercado”. Así o destaca tras concluír unha xira de dúas semanas polos Estados Unidos para promocionar os seus viños, fidelizar aos seus clientes e abrir novas liñas de mercado.

Nova York, Baltimore, Washington D.C., Chappel Hill ou Atlanta teñen sido algunas das cidades onde A Coroa realizaba diversas presentacións, reforzando a súa marca e atendendo persoalmente aos clientes dos diferentes centros HORECA, nos que xa se comercializan os viños da adega. “A viaxe pódese cualificar de moi positiva xa que presentamos a variedade godello dos nosos viños A Coroa e 200 Cestos a aqueles que non os coñecían e logrouse un notable incremento de vendas durante a visita”, segundo o director comercial de A Coroa, Cefe Fernández.

Ademais dende a adega destácase a “gran calidade humana do equipo de importación e distribución de A Coroa nos Estados Unidos”. Esta empresa vitivinícola con sede na Rúa comercializa viños neste país dende o ano 2010, mercado onde ademais ten acadado diversas mencióins como a de “Mellor Godello para Estados Unidos” por The New York Times, entre outras.

Fotos cedidas pola Adega A Coroa.

Artigos relacionados

Back to top button
Close