EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Adegas, catadores, técnicos e representantes da D.O. Monterrei, no “#BrindisMovimientoVinoDO”

 

A Denominación de Orixe Monterrei vén de participar neste 9 de maio no #BrindisMovimientoVinoDO, un “recordatorio virtual da celebración do Día Movimiento Viño D.O., que este ano non se realizou debido á pandemia do COVID-19 e á declaración do estado de alarma”, explican dende o seu consello regulador.

A esta iniciativa virtual sumábanse adegas, catadores, persoal técnico e a presidenta do  C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva, quen incidía en que deste xeito preténdese “agradecer o traballo e esforzo diario dos nosos viticultores, adegueiros e integrantes do panel de cata, que fan que a familia Monterrei sexa cada vez máis grande”.

Ademais da presidenta da D.O. Monterrei indicaba que con este xesto recoñécese “o labor do sector da hostalaría, restauración, comercio, etc. que permiten que os nosos tintos e brancos cheguen a decenas de mesas á hora da comida ou cea. Desta situación só sairemos adiante se estamos todos xuntos eunidos”, resalta Lara Da Silva.

O “Día Movimiento Vino D.O.” celebrouse por primeira vez o 20 de maio de 2017 co obxectivo de revalorizar o viño con denominación de orixe e, nesta edición, tamén representa o apoio da CECRV (Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas) ás denominacións de orixe, viticultores e adegueiros.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button