EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Adegas valdeorresas, na XV Feria Iberovinac en Almendralejo

A participación neste salón enmárcase na relación de irmanamento que existe entre A Rúa e Almendralejo
Cartaz da mostra extremeña.
Cartaz da mostra extremeña.

Do 4 ao 6 de novembre unha ducia de adegas ruesas participarán no XV Salón do Viño e da Aceituna de Extremadura (Iberovinac), que se desenvolverá en Almendralejo. Esta presenza enmárcase na colaboración establecida entre esta cidade extremeña e A Rúa como localidades irmanadas xa dende hai máis dunha década.

Así ata a Almendralejo viaxarán as adegas Alán de Val, A Coroa, Joaquín Rebolledo, Melillas, a Cooperativa da Rúa, Adega da Pinguela, Viña Somoza, Viña Fornos, Galgueira, Aristegui, Fragamoura e Quinta da Peza.

A participación, promovida dende o Concello da Rúa, permitirá dar a coñecer neste certame a singularidade dos viños da Denominación de Orixe Valdeorras. A entidade local quixo aproveitar esta oportunidade e ofrecerlla aos seus adegueiros a partir da experiencia obtida o ano pasado, cando varios importadores solicitaron información dos godellos e mencías valdeorreses no stand promocional que tiña o Concello da Rúa no salón extremeño.

Esta XV Iberovinac comenzará o 4 de novembre cunha xornada adicada a expertos nacionais e, ao día seguinte, aos importadores. Nesta edición espérase contar coa asistencia de máis de 18 importadores de Europa, América, sudeste asiático África.

Artigos relacionados

Back to top button