ConcellosO BoloÚltima hora

Adeus a Manuel Arias, Mázcara e membro do Folión de Buxán (O Bolo)

Publicidade
Manuel Arias tocando o sacho co Folión de Buxán, a súa aldea./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Era un apaixoado do Entroido, unha tradición que viviu con gran sentimento dende meniño na súa aldea natal Buxán (O Bolo). Manuel Arias Vidueira foi durante moitos anos Mázcara e ultimamente tocaba o bombo ou o sacho, mantendo viva esa ilusión pola festa cos seus veciños.

Coincindindo con estas datas tan especiais para el, Manuel Arias falecía de forma inesperada o 20 de febreiro aos 57 anos idade, deixando unha gran consternación e tristura no seu pobo, onde era moi querido.

A súa familia, veciños e amigos daranlle o seu último adeus mañá martes 22 de febreiro nun funeral previsto ás 12h. na igrexa de Buxán, para despois ser enterrado no cemiterio parroquial.

A aldea está de loito pero en lembranza a Manuel Arias, e polo moito que quería ao Entroido, manterán este ano esta celebración para homenaxealo deste xeito: tocando o fulión e facendo bailar as Mázcaras.

Artigos relacionados

Back to top button