EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Adiantado o incremento salarial do 2023 en Irosa, tras un pacto entre o comité de empresa e a dirección

Así o vén de anunciar a CIG, sindicato maioritario no comité, a través dunha nota de prensa

Palé de lousa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a sindicato CIG vén de emitirse neste venres unha nota de prensa anunciando que “o comité de empresa de Irosa, “do sector da louxa en Valdeorras, que da emprego a máis de 250 persoas, e no que a CIG ten maioría, pactou coa dirección da mesma adiantar o incremento salarial que debería operar a partires de xaneiro de 2023, de xeito que xa se está aplicando desde mediados deste ano 2022”.

Ademais a CIG xa critica o convenio do sector “asinado por UXT cun aumento do 1,75 % para este ano e do 2 % para o ano próximo, o que condena a preto de 2.500 traballadores a perder considerablemente o poder adquisitivo do seu salario, xusto nun tempo no que a inflación bate rexistros nunca vistos nas últimas catro décadas”, por iso, “non asinamos o convenio”.

Aínda así, esta central sindical apunta que, “dentro da nosa marxe de actuación, procuramos incidir para que a perda económica para os traballadores sexa menor.
Vimos de chegar a un acordo en IROSA, unha das empresas máis importantes do sector, que consiste en anticipar o incremento previsto para o ano 2023, para mediados deste ano 2022, polo que, desde xuño o seu salario incrementouse na porcentaxe do 2 % prevista para 2023, o que representa, no que resta de ano, un total de 196,14 € para, por poñer un exemplo, o posto de labrador ou serrador”.

Dende a CIG celebran “esta mellora conseguida polo comité de empresa, e valoramos o esforzo de IROSA, que non estaba na obriga legal de adiantar o incremento. Este caso vén demostrar que unha representación sindical forte e comprometida, é quen de mellorar as condicións de vida das persoas traballadoras”.

Así mesmo a CIG cre que ten “a posibilidade de cambiar a representación sindical que negocie o próximo convenio da Pizarra, prevista para 2024. No que resta de ano, e durante 2023, vanse renovar os comités de empresa nun novo proceso de eleccións sindicais”.

Artigos relacionados

Back to top button