CarballedaConcellosÚltima hora

Adif defende que a súa prioridade é retirar os vagóns descarrilados en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)

Asegura que está a iniciar unha investigación para coñecer os detalles do sucedido

Adif emitiu nesta tarde de 4 de agosto un comunicado no que defende que a súa prioridade é retirar os vagóns descarrilados en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) e “revertir os danos que se puideran producir no entorno na maior brevedade posible”.

 

 

Ademais, dende Adif aseguran que están a iniciar unha investigación para coñecer os detalles do sucedido. “Unha vez dispoñamos de todos os datos, depuraranse as responsabilidades pertinentes”, conclúen.

Artigos relacionados

Back to top button