En portadaÚltima hora

Adif establece un plan alternativo de transporte por estrada ante o corte ferroviario en Sobradelo

Un dos vagóns que descarrilaba, en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a tarde de onte permanece cortada a circulación ferroviaria en Valdeorras, na liña Monforte-Ponferrada, tras o descarrilamento dun tren mercadorías (con 15 vagóns) nas proximidades das piscinas municipais de Sobradelo (Carballeda), sen que houbese que lamentar danos persoais.

Descoñécese polo momento cando podería remotarse o tráfico ferroviario e dende Adif vén de establecerse “un plan alternativo de transporte por estrada para as circulacións afectadas”.

 

Artigos relacionados

Back to top button