CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Adiviñas, cancións e contos en “A casiña de acollida”, no Barco

O público infantil desfrutaba deste espectáculo de ANIMAR-T que formaba parte da programación da Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán

 

Con todo o público infantil en pé, dando palmas e cantando “cóntame, como che foi, se coñeciches a felicidade” concluía o espectáculo infantil “A casiña de acollida”, no Barco. Numerosos nenos e tamén maiores desfrutaban desta actividade de contacontos, teatro e música de ANIMAR-T que se desenvolvía a partir das seis da tarde na praza Andrés de Prada.

No seu decurso non faltaban as historias cheas de valores como a amizade, a xenerosidade ou o respecto polo medio ambiente, entre adiviñas para os máis pequenos e cancións.

Con este espectáculo, que se desenvolvía respectando as medidas de seguridade sanitarias fronte ao Covid, finaliza o ciclo de actividades programado pola Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco para este mes de setembro, dentro do programa “Ler conta moito”.

Durante o mesmo contábase coa presenza da Policía Local que regulaba o tráfico que se dirixía cara o Paseo do Malecón dende a rúa Academia Dequidt.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button