A RúaConcellosÚltima hora

Admirable belén tradicional na parroquia de Santo Estevo, na Rúa

Publicidade

 

Dende tempos remotos a parroquia de Santo Estevo presume cada Nadal do seu espectacular belén. Un nacemento de grandes dimensións que cada ano os fieis colocan con mimo e moito traballo nun dos laterais da igrexa, e que recuperaban neste mes de decembro trala ausencia do ano pasado pola pandemia de Covid. “O ano pasa unicamente colocamos o misterio do Nacemento diante do altar”, puntualizan.

 

 

Trátase dun belén tradicional dos que pode verse nos diferentes templos, pero con dúas características que o diferencian. A primeira é  a estrutura envolvente cun teito que o cobre en gran medida; e a segunda a natureza viva que o fai especial con plantas, moito verde e tamén madeira, especialmente no misterio do Nacemento “aí reside a súa maxia”, asegura un dos fieis da parroquia que leva o peso da organización.

 

 

Así, tras catro días de intenso traballo, en grupos para evitar aglomeracións e ata altas horas da madrugada, na xornada deste xoves 23 de decembro, víspera de Noiteboa, o nacemento está xa rematado e con todo luxo de detalles. Por ter ata ten peixes nadando nun pequeno tanque.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button