Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

Adrián Alonso únese ao equipo de Moisés Blanco

O xornalista deportivo será incluído na lista do Partido Popular do Barco de Valdeorras como independente
O xornalista deportivo Adrián Alonso.
O xornalista deportivo Adrián Alonso.

O candidato do Partido Popular á alcaldía do Barco de Valdeorras, Moisés Blanco, vén de anunciar a inclusión do xornalista Adrián Alonso, na lista coa que concorrerá ás eleccións municipais do vindeiro 24 de maio.

Con máis dunha década de experiencia no mundo do xornalismo deportivo, “Alonso tomará as rendas das áreas de Deporte, Xuventude e Participación Cidadá nun futuro goberno popular en O Barco” explican dende o PP.

Licenciado en Periodismo e Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela, Adrián Alonso acabou os seus estudos cinematográficos na Universidad Paris 8 (Francia) antes de iniciar a súa carreira periodística, primero en Italia, e despois en varios medios de comunicación galegos completando un extenso curriculum.

Tal como explican dende o Partido Popular do Barco, despois de vivir durante máis de dez anos da súa xuventude no Barco Adrián “volveu á vila hai un ano para afincarse aquí”. Ligado sempre ao Barco, ten colaborado en varias ocasións con diferentes eventos deportivos e para el, “que será incluido na lista popular como independente, será a súa primera incursión en política da man dun Moisés Blanco que espera que Adrián aporte toda a súa experiencia e traballo no mundo do deporte” din dende o PP. “O deporte será vital nos vindeiros anos e por iso quixen contar cun gran profesional na materia para que se encargue desta área” puntualiza o propio Moisés.

O candidato popular recoñece que a chegada ao seu proxecto de Adrián Alonso “confirma a nosa idea de partido aberto, un partido que quere contar con todos aqueles que aporten ideas dende os seus ámbitos profesionais e, no caso de Adrián, é evidente que así será”.

Artigos relacionados

Back to top button