PolíticaÚltima hora

Adrián Borrajo, novo secretario xeral das Xuventudes Socialistas do Barco

Celebraban unha asemblea xeral a finais de xullo na que resultaba elixido un novo equipo
Participantes na asemblea das Xuventudes Socialistas do Barco.
Participantes na asemblea das Xuventudes Socialistas do Barco.

As Xuventudes Socialistas (XS) do Barco veñen de renovar a súa comisión executiva municipal nunha asemblea extraordinaria celebrada a finais de xullo. Nela resultaba elixida a candidatura liderada por Adrián Borrajo Rodríguez. Deste xeito Borrajo convértese no novo secretario xeral das XS barquenses, substituíndo no cargo a Ángel Arias. Ademais encabeza un equipo do que tamén forman parte Alejandro Fernández (Secretaría de organización e acción electoral), Andrea Garrido (Secretaría de relacións institucionais e política municipal).

A nova executiva aposta por comezar a traballar no Barco e “crear unha liña de traballo en defensa da educación e sanidade pública de calidade e gratuíta. Tamén prevén “poñerse en contacto coas distintas organizacións políticas e sindicais de esquerdas para tratar os temas máis trascendentais”.

Ademais elexíase á delegación ante o Comité Nacional de Xuventudes Socialistas de Galicia. Na asemblea contábase coa presenza de Mario Tarrio (coordinacor provincial) e de Aitor Bouza (secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia), que agradecía o labor da executiva saínte e animaba á nova a traballar con ilusión e forzas.

Artigos relacionados

Back to top button