DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Adrián Delgado gaña o torneo de tenis do Barco

O tenista do C.T. Barco vence a Diego Vázquez na final absoluta

Todo quedou en casa. O Club de Tenis Barco, organizador do torneo das Festas do Cristo, vencía en tódalas categorías do campionato que se desputaba no Barco de Valdeorras entre o 9 e o 14 de setembro, en plenas festas patronais da vila.

Despois das sucesivas eliminatorias, as finais do torneo tiñan lugar o domingo 14 de setembro, día do Cristo. En dobres, chegaban as parellas formadas polos irmáns Delgado, Adrián e Ángel, e José e Diego Vázquez, pai e fillo, sendo os primeiros os vencedores. Na categoría veterana chegaban á final José e Diego Vázquez, sendo este último o gañador.

A final absoluta era a última en desputarse. Pasadas as seis da tarde, Diego Vázquez e Adrián Delgado víanse de novo as caras nas pistas de tenis de Calabagueiras. Despois de algo máis dunha hora de tira e afrouxa na que Adrián se ía adiantando no marcador, finalmente facíase co control do encontro e da categoría, converténdose no vencedor absoluto do torneo.

A entrega de premios correu por conta do alcalde do Barco, Alfredo García e do concelleiro de Deportes, Julio Fernández.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button