OurenseÚltima hora

Adxudicadas as obras de remodelación do campo de fútbol Monte da Aira de Velle

O Consello Municipal de Deportes de Ourense tamén adxudicou a redacción do proxecto para remodelación do campo de fútbol de Palmés

 

A reunión semanal do Consello Municipal de Deportes acordaba importantes proxectos en materia deportiva. Así, foron adxudicadas as obras de remodelación do campo de fútbol Monte da Aira de Velle, por un importe total de 183.928,47 €.

O uso das instalacións veuse incrementado desde o ano 2017, cando comezou a adestrar nestas instalacións a Escola de Fútbol Feminino Rosalía de Castro. Isto fai que os usuarios destas instalacións ao longo da tempada superen os cincocentos cada semana.

Dado o avanzado estado de avellentamento no que se atopan o edificio de vestiarios, lavandería e local social do Campo de fútbol Monte da Aira, faise imprescindible a remodelación destes espazos para que os usuarios (máis de cincocentos deportistas por semana), poidan desenvolver a súa práctica de xeito confortable e seguro, xa que o mal estado das instalacións pode causar caídas, cortes ou lesións. Este feito abrangue tamén ao público que asiste aos partidos, e se despraza polos espazos existentes, tamén crear un aseo accesible a persoas con diversidade funcional.

Así, os traballos consistirán na substitución da cuberta e dos falsos teitos; na renovación da instalación eléctrica e fontanería; no recubrimento de vinilo en chans e paredes de vestiarios; na habilitación dunha estancia para novos vestiarios; na execución dun muro de peche de parcela en mal estado; no pintado de fachadas; na mellora do saneamento e drenaxes; e na cubrición da terraza no acceso a cafetaría.

 Campo de Palmés

Na reunión semanal do Consello Reitor do CMD tamén se adxudicou a redacción do proxecto para remodelación do campo de fútbol de Palmés por 13.794 euros. Na memoria valorada contémplase a instalación de céspede artificial. Tamén se contemplan: demolicións, movemento de terras e cimentacións; mellora da rede de saneamento; rede de rego e abastecemento; pavimento de aglomerado elástico; e equipamentos.

Tamén están contempladas para o campo de fútbol de Palmés obras de instalación de alumeado e urbanización interior: iluminación do campo, 4 torres de 16 metros con cinco proxectores cada unha; pavimentación, con céspede artificial coas mesmas características que o terreo de xogo: proteccións, varanda perimetral do terreo de xogo.

O concelleiro de Deportes e presidente do CMD, Mario Guede, pon en valor que “desde o Consello Municipal de Deportes estamos activando importantes obras en infraestruturas deportivas para toda a cidade, xa que proximamente se adxudicarán tamén as obras das canchas exteriores do Pavillón dos Remedios e as do pavillón da Carballeira”.

Artigos relacionados

Back to top button