ConcellosLaroucoÚltima hora

Adxudícanse as obras de mellora da estación de tratamento de auga potable de Larouco

A actuación suporá un investimento de máis de 48.000 euros

Panorámica de Larouco./ Foto: A.R.

 

Veñen de adxudicarse as obras de mellora da estación de tratamento de auga potable do concello de Larouco. O contrato, que foi adxudicado á empresa Vázquez Arias y Bioenergías S.L., supón un investimento autonómico de máis de 48.000 euros.

“O obxectivo é asegurar un subministro de auga de calidade mediante a instalación dun equipo de medición da turbidez que axuste o volume de auga que se envía aos filtros para darlles tempo a realizar a súa función de forma correcta”, tal e como informa a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Na intervención substituiranse as bombas en baixa, dado a súa antigüidade, por unhas de baixo consumo e alto rendemento mediante sistema de variador de frecuencia, de alternancia e de xestión de alarma. Tamén se mudarán os filtros da planta para garantir a calidade da auga cara aos depósitos de cabeceira.

Artigos relacionados

Back to top button