CarballedaConcellosÚltima hora

Adxudícase a mellora de dúas estradas que dan acceso ás canteiras en Carballeda de Valdeorras

Conta cun presuposto de 885.000 euros e terá que levarse a cabo durante os seis próximos meses

A Xunta vén de adxudicar as obras de mellora do firme nas estradas autonómicas OU-122 e OU-123, en Carballeda de Valdeorras, no acceso ás canteiras de lousa. Esta actuación, adxudicada á empresa Aglomerados y Construcciones Valdeorras S.A por un importe de máis de 855.000 euros, terá que levarse a cabo durante os próximos 6 meses.

 

Imaxe do firme dunha das estradas nas que vai intervir./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A intervención comprenderá melloras na capa de rodadura na estrada OU-122, desde o punto quilométrico 16+400 ata o final, na fronteira coa provincia de León, no 26+260; e na estrada OU-123 ao completo, desde a mesma OU-122 a Casaio. O obxectivo é “o acondicionamento dos treitos que soportan o tráfico de vehículos de grande tonelaxe que acceden ás canteiras”.

Os traballos prevén actuar en todo o ancho da plataforma das dúas estradas e consisten na mellora do estado dos firmes, na limpeza de gabias e no reperfilado de noiros. Ademais, as obras incluirán o repintado da sinalización horizontal e a reposición da sinalización vertical e balizamento.

Artigos relacionados

Back to top button