ConcellosQuirogaÚltima hora

Adxudícase a primeira fase da nova rúa que unirá a rúa Tallos de Quiroga co cuartel da Garda Civil

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade financiará con 100.000€ o inicio da construción da nova rúa que unirá a rúa Tallos co cuartel da Garda Civil de Quiroga. Este apoio económico, por parte da administración autonómica, responde á petición que o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, lle facía nunha xuntanza telemática no mes de febreiro a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

A conselleira atendeu as explicacións de Julio Álvarez e estudou os planos que lle presentou o alcalde dunha rúa de 16 metros de ancho con todos os servizos urbanos, xa contemplada no Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Esta nova vía na parte alta da vila quiroguesa, ademais de unir a rúa Tallos co Cuartel da Benemérita, daría servizo ao futuro Cemiterio Municipal que proxecta construír o concello.

Aínda que esta cantidade non será suficiente para o remate deste novo viario,o mandatario municipal, Julio Álvarez, amosouse satisfeito con poder iniciar a próxima semana coas obras desta primeira fase, xa que na Xunta de Goberno Local deste venres 13 de agosto, se adxudicou a contratación destes traballos. “Unha nova e vistosa rúa que dará servizo a veciñanza das inmediacións dos terreos onde se construirá o novo cemiterio”, destacan dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button