OurenseÚltima hora

A AECC celebra os seus 25 anos na provincia cunha cápsula do tempo

A sección ourensá da Asociación Espalola Contra o Cancro celebra o seu 25 aniversario de presenza na provincia. Para celebrar esta efeméride, a AECC vai facer unha cápsula do tempo con diferentes elementos conmemorativos que fan referencia ao percorrido pola asociación durante todo este tempo, “para que dentro de 25 anos a xente que estea na asoación a atope”, explicou a presidenta da AECC en Ourense, Dora Gómez.

No día de hoxe, 23 de xaneiro, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez acudiu ao local da AECC para aportar un elemento a esa cápsula do tempo “un libro que fala de Ourense na actualidade para que saiban como é a cidade na actualidade”.

Este ano de celebración vai durar até outubro e teñen un libro de honra o cal se encargou de inaugurar o alcalde de Ourense. “E tamén é para todas aquelas persoas que veñan ao longo de todo o ano para que deixen a súa sinatura nel”, dixo Dora Gómez.

Tanto a presidenta como o rexedor municipal coincidiron no seu desexo para os vindeiro 25 anos: “que se cronifique o cancro e que se apoie á investigación”.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button