ConcellosÚltima hora

A AECC de Valdeorras celebrará o 16 de abril a súa cea benéfica

Terá lugar no Casino do Barco a partires das dez da noite
Integrantes da AECC de Valdeorras, na cea do pasado ano./ Foto: Carlos G. Hervella.
Integrantes da AECC de Valdeorras, na cea do pasado ano./ Foto: Carlos G. Hervella.

Cita solidaria e festiva. O vindeiro 16 de abril ás 22 h. a delegación valdeorresa da Asociación Española contra o Cancro (AECC) organizará a súa cea benéfica anual. O seu obxectivo é recaudar fondos que permitan sufragar as actividades desta entidade, se ben unha parte tamén irá destinada a investigación.

Unha das mesas da cea benéfica da AECC en Valdeorras do pasdado ano./ Foto: Carlos G. Hervella.
Unha das mesas da cea benéfica da AECC en Valdeorras do pasdado ano./ Foto: Carlos G. Hervella.

Do mesmo xeito que o pasado ano, esta cea celebrarase no Casino do Barco e estará animada coa música do grupo valdeorrés Os Broders. Ademais, na sobremesa terá lugar un sorteo de diversos produtos doados por establecementos de Valdeorras.

As entradas, cun prezo de 30 euros, xa están á venda en Comercial Vedo, Librería Murciego, Agricentro Terán, Charo López e Deportes e Bicis Chapi.

Artigos relacionados

Back to top button