EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA agradece o interese polas infraestruturas valdeorresas dos deputados Rocío de Frutos e Celso Delgado

Ademais dende esta organización empresarial valórase “moi positivamente que os dous políticos ourensáns unan esforzos para defender unha posición compartida polo conxunto da sociedade valdeorresa”
O deputado Celso Delgado, intervindo na Comisión do Congreso dos deputados.

 

Dende a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) vén de emitirse un comunicado de prensa co fin de “recoñecer públicamente o labor dos deputados ourensáns Rocío de Frutos (PSOE) e Celso Delgado (PP) pola súa “recente intervención na Comisión de Fomento do Congreso para interesarse pola execución das partidas consignadas nos Orzamentos Xerais do Estado para 2018 para os proxectos da Autovía A-76 e da Circunvalación do Barco, e solicitar ao secretario xeral de Infraestruturas a súa inmediata realización”.

 

 

Rocío de Frutos no Congreso.

 

Ademais dende a organización empresarial valdeorresa agradécese e valórase “moi positivamente que os dous políticos ourensáns unan esforzos para defender unha posición compartida polo conxunto da sociedade valdeorresa”. Neste sentido quere reclamarse a vontade “dos responsables do Ministerio de Fomento para executar o montante das partidas orzamentarias consignadas no 2018 para a Autovía A-76 e para a Circunvalación do Barco, atendendo así as reivindicacións plantexadas polos deputados ourensáns”.

Artigos relacionados

Back to top button