ConcellosO BoloÚltima hora

AEVA amosa o seu malestar pola imposibilidade de pagar con tarxeta a ORA no Barco

 

Dende a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) vén de emitirse unha nota de prensa para manifestar o seu malestar ante a imposibilidade de poder pagar con tarxeta nas máquinas da ORA no Barco. “En senllos escritos enviados o día 3 de febreiro ao Concello do Barco e á empresa concesionaria do servizo de ERA, AEVA trasladou o malestar do sector empresarial en relación co funcionamento das maquinas expendedoras dos tíckets de estacionamento, porque desde hai tempo teñen inhabilitada a opción de pago con tarxeta”, segundo a organización empresarial.

Tamén considera que “iso supón un grave inconveniente para os usuarios do servizo, que non sempre dispoñen de diñeiro en metálico. Ademais, como consecuencia da crise derivada do SARS- CoV-2, a normativa sanitaria e as propias administracións públicas recomendan priorizar o pago con tarxeta, para evitar a manipulación de diñeiro en efectivo e previr os contagios, favorecendo o emprego de opcións de pago dixital”.

Por outra banda, como consecuencia das restricións e límites de aforo derivados da pandemia,  AEVA apunta que “tampouco é posible acceder aos establecementos comerciais ou de hostalería para solicitar cambio, o cal dificulta moito o pago das tarifas de ORA”.

Esta serie inconvenientes motivaron a solicitude de que “restablezan urxentemente o servizo de pago con tarxeta e de que, ata que non se habilite, e co obxectivo de respectar as medidas sanitarias aludidas, suspendan a cobranza das tarifas correspondentes. Ata a data non tivemos resposta oficial, indicándonos informalmente que están á espera de iniciar o procedemento para licitar a concesión do servizo de ORA”, aseguran dende AEVA..

Artigos relacionados

Back to top button