ConcellosEn portadaÚltima hora

AEVA apoiará a manifestación do domingo en defensa do Hospital de Valdeorras

Esta asociación empresarial vén de emitir un comunicado defendendo "unha sanidade pública de calidade" para as comarcas do Distrito de Valdeorras"

Publicidade

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) vén de facer público o seu apoio á manifestación en defensa da sanidade pública e do Hospital de Valdeorras prevista para o vindeiro domingo 28 de novembro. Dende esta entidade vén de informarse de que onte mércores, día 24 de novembro, tiva lugar unha reunión da súa xunta directiva na que se abordaron, entre outros asuntos, a “toma de postura de AEVA ante as reivindicacións para a mellora da sanidade pública”.

O equipo directiva da asociación acordaba “mostrar o apoio do colectivo empresarial á demanda dunha sanidade pública de calidade, dotada cos servizos necesarios para atender os requirimentos da poboación e para evitar desprazamentos ao hospital de referencia como consecuencia da falta de especialidades”.

Ademais, AEVA considera que o Hospital Público de Valdeorras “é unha das entidades de maior envergadura da zona, que contribúe a fixar poboación, a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e, en definitiva, a crear riqueza e benestar”. Así mesmo, a organización emrpesarial considera “tamén de interese a decisión da Xunta de Persoal do Hospital de levar unha única pancarta de cabeceira abrindo a manifestación, para que todos os veciños, colectivos e institucións que participen queden representados cunha única voz en defensa da sanidade”.

Por todo iso, a Xunta Directiva de AEVA estará representada no acto do próximo 28 de novembro, e “á vez fará un chamamento ás empresas asociadas para que secunden a manifestación”. Neste senso, nesta mañá comezábase un reparto de carteis de defensa da sanidade pública no distrito valdeorrés entre os establecmentos asociados.

Artigos relacionados

Back to top button