EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA aposta por un programa de relevo xeracional no comercio

O obxectivo é "dar continuidade aos comercios da comarca de Valdeorras que despois de moitos anos ofrecendo os seus servizos están próximos ao seu peche por xubilación, contactando con emprendedores que teñen interese en sucederlles"

Exterior da oficina de AEVA no Barco./ Foto: A.R.

 

Enmarcado no Proxecto AEVAempregaTE III subvencionado pola Deputación Provincial de Ourense, a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) vén de dar comezo ao programa “Relevo empresarial” co obxectivo de “dar continuidade aos comercios da comarca de Valdeorras que despois de moitos anos ofrecendo os seus servizos están próximos ao seu peche por xubilación, contactando con emprendedores que teñen interese en sucederlles”, tal e como sinalan dende esta organización empresarial.

Desde AEVA, a través da Escola de Emprendedores, está a executarse este programa con dúas vías de actuación, tal e como destaca a asociación. “Por unha banda, o apoio aos comercios que finalizarán a súa actividade. Forman parte xa do proxecto comercios de moda, droguería e perfumería, deportes, librería e salón de peiteado. Está a analizarse individualmente os seus actuais modelos de negocio, e as posibilidades de mellora que pode facer máis atractivo o traspaso do mesmo”.

Ademais, engade AEVA, “está a traballarse cos emprendedores que participan no programa analizando as posibles sinerxías cos comercios rexistrados así como a súa idea de negocio e a viabilidade dos seus propios proxectos”.

Os emprendedores interesados aínda poden incorporase ao proxecto nas próximas semanas, finalizando a súa execución no mes de outubro.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button