EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA asina un convenio con Abanca para reactivar a actividade comercial

Imaxe da sinatura deste convenio na sede de AEVA, no Barco.
Imaxe da sinatura deste convenio na sede de AEVA, no Barco.

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) asinaba na mañá do 28 de agosto un convenio de colaboración con Abanca co que se pretende facilitar o crédito a autónomos e Pemes desta comarca ourensá.

O convenio fará posible que os asociados de AEVA accedan a “condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos personais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto”, segundo se informa dende Abanca. Tamén pon a disposición dos empresarios a comercialización de produtos específicos desta entidade

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button
Close