EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA asina un convenio con Abanca

 O documento rubricado permitirá financiar investimentos para apoiar a modernización e a competitividade das empresas da zona de Valdeorras

 

Nesta mañá de 5 de febreiro a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e Abanca veñen de asinar no Barco un convenio de colaboración “aposta polo crecemento dun dos focos de emprego e riqueza da provincia”, segundo a entidade bancaria.

O acordo era rubricado pola presidenta de AEVA, Araceli Fernández del Palacio, polo director de zona de ABANCA en Ourense Este, Diego Daniel Fernández Borrajo, e polo director da oficina de Abanca O Barco de Valdeorras, José Vicente García Méndez.

Con este documento o banco pon a disposición das empresas do Barco de Valdeorras un plan de financiamento que responde de maneira integral ás súas necesidades. Inclúe “produtos e servizos que permiten tanto acometer investimentos, como reforzar a competitividade destes proxectos. Así, os empresarios desta comarca contarán con produtos especificamente deseñados, entre os que destacan préstamos persoais e hipotecarios ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos”, segundo Abanca.

O colectivo terá á súa disposición outros produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, corfirming ou factoring segundo as súas necesidades. O convenio tamén reserva un espazo á internacionalización grazas ás liñas de comercio exterior e ao financiamento oficial a través de diversos programas do ICO e as SGR galegas.

Do mesmo xeito, os empresarios asociados poderán desfrutar, entre outros servizos, das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais.

Artigos relacionados

Back to top button