EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA asina un convenio de colaboración co SabadellGallego

Un dos momentos da sinatura do convenio.
Un dos momentos da sinatura do convenio.

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) asinaba o 30 de marzo un convenio de colaboración co SabadellGallego (Grupo Banco Sabadell) a través do cal “se pon á disposición dos asociados un conxunto de produtos e servizos financeiros, personalizados e en condicións preferentes, sendo extensibles estas vantaxes tamén aos seus familiares e empregados”, tal e como se informa dende esta entidade.

Ademais este acordo tamén lle permite a AEVA incrementar a súa oferta de servizos “para que os asociados poidan acceder a unha ampla variedade de servizos financeiros e a un asesoramento financeiro personalizado en liñas subvencionadas, renting, factoring, confirming, tpv, etc”, tal e como se matiza dende esta organización empresarial.

Asistentes ao acto da sintura , que tiña lugar na sede de AEVA no Barco.
Asistentes ao acto da sintura , que tiña lugar na sede de AEVA no Barco.

Este convenio foi asinado polo presidente de AEVA, Javier Rodríguez Paradelo, e por Eloy Álvarez Vilar, director de Zona de Ourense de SabadellGallego. Ademais neste acto estiveron acompañados pola xerente da asociación, Luisa López Cruz, por Diego Vázquez Méndez, director da Oficina de O Barco do SabadellGallego, e polo director de Colectivos Profesionais da Rexional Galicia, Enrique Ojea Vidal.

Artigos relacionados

Back to top button