EconomíaEconomíaÚltima hora

Aeva e Barco CCA entregan os premios da campaña do Nadal

No acto contábase co presidente do Barco CCA e coa representante do sector Comercio de Aeva
Acto de entrega de premios da Campaña de Nadal de Aeva e do Barco CCA.
Acto de entrega de premios da Campaña de Nadal de Aeva e do Barco CCA.

Os mil euros en vales de compra que se sorteaban na campaña de Nadal da Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva) e do Barco Centro Comercial Aberto (CCA) xa teñen dono. O pasado 14 de xaneiro procedíase ao sorteo ante notario dos premios e dábanse a coñecer os nomes dos agraciados. Pero non era ata o 11 de febreiro cando se levaba a cabo a entrega dos mesmos, un acto no que ademais dos premiados estaban o presidente do Barco CCA, Ángel Álvarez, e a representante do sector Comercio de Aeva, Pamén Cruz, xunto cos responsables dos establecementos que deron os boletos que sairon escollidos por sorteo.

Os afortunados desta volta foron Meli Meléndez, que entraba no sorteo cunha papeleta entregada en Boutique Suá do Barco, e que se facía co vale de compra de 500 euros. Marta Arias conseguía o vale de 300 euros, por un boleto selado en Florestería Esnat. Ademais os premios de 100 euros recaían en Santiago Fernández e Rosa Gil, por boletos obtidos en Plantoval e Librería Murciego, respectivamente.

Estes vale de compra poderán invertirse nos establecementos participantes na campaña e teñen unha caducidade de tres meses, motivo polo cal os agraciados deben facer as súas compras dende o día 11 de febreiro de 2015 ata o día 11 de maio de 2015.

Artigos relacionados

Back to top button