EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA e CCA O Barco cancelan a súa actividade de Nadal pola suba de contaxios por Covid

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e a Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco veñen de emitir un comunicado de prensa para anunciar que decidiron cancelar a actividade de dinamización da campaña de Nadal  “Festexa en Valdeorras”, prevista para os días 23 e 24 de decembro, “debido ao aumento de contaxios por Covid-19 na comarca”.

A acción programada consistía na instalación, na Praza do Concello dunha bóla de neve de Nadal xigante con Papá Noel, que permitía o acceso ao seu interior para facerse unha foto con este personaxe do Nadal. Ambas as asociacións toman esta decisión “co obxectivo de minimizar o risco de contaxio e evitar as aglomeracións”.

De forma paralela mantense o sorteo de 600€ en vales de compra, seis vales de 100€ cada un, e de cinco estoxos de viño da Denominación de Orixe Valdeorras, doados polo Consello Regulador. Para participar no sorteo, os clientes deberán poñer os seus datos (nome e teléfono) no ticket de compra, que depositarán nunha urna nos establecementos participantes. A promoción está vixente desde o día 9 de decembro de 2021 ata o día 7 de xaneiro de 2022.

“Desde AEVA e o CCA O Barco animamos aos valdeorreses a que aposten polos produtos e servizos dos negocios de proximidade para facer as compras do Nadal; ao mesmo tempo que se queremos difundir unha mensaxe de unión e forza”.

Artigos relacionados

Back to top button