EconomíaEconomíaVídeos

AEVA e O Barco CCA buscan voluntarios para un vídeo de apoio ás empresas de Valdeorras

As persoas interesadas deberán poñerse en contacto con estas asociacións no correo obarcocca@obarcoccaberto.com

 

Dende a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e a Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco están a traballar na realización dun vídeo de apoio ás empresas de Valdeorras, que “están sufrindo as consecuencias do estado de alarma debido ao Covid-19”, tal e como indican dende estas organizacións empresariais.

En concreto buscan a oito personas que queiran participar na gravación deste proxecto co que se pretende lanzar unha mensaxe de ánimo ao sector empresarial de Valdeorras.

As persoas interesadas deberán enviar un correo a obarcocca@obarcoccaberto.com cos siguintes datos: nome completo, idade e teléfono de contacto.

AEVA e o CCA O Barco poranse en contacto coas primeiras oito persoas que amosen o seu interese en participar na campaña a través do correo electrónico para explicarlles os pasos que deben seguir.

Artigos relacionados

Back to top button