AEVA e O Barco CCA convocan un concurso de escaparates de Nadal

Os establecementos interesados en participar poderán anotarse ata o venres 7 de decembro ás 15h. A votación será popular a través de facebook

 

Un dos escaparates que participa na campaña de Nadal de AEVA e do CCA./ Foto: A.R.

Dentro do programa de Nadal 2018 deseñado por AEVA e polo Barco CCA inclúese un concurso de escaparates aberto a todos os establecementos comerciais e de hostalaría integrados nestas entidades e que participan na citada campaña. Os negocios interesados en participar aínda teñen ata ás 15h. do 7 de decembro para poder anotarse nas oficinas de AEVA.

Os establecementos inscritos no concurso deberán ter preparados os seus escaparates entre o 10 de decembro e o 6 de xaneiro (ambos incluídos) e a decoación gardará relación coa temática do Nadal, segundo as bases. A valoración de cada un deles farase a través dun voto popular mediante os “me gusta” nas páxinas de Facebook de AEVA e O Barco CCA, onde se publicarán as fotos dos participantes.

“Entre todas as persoas que voten, sortearanse vales de compra por importe de 200 euros (un vale de 100 euros, un vale de 50 euros e dous vales de 25 euros) para investir nos establecementos inscritos no concurso”, seguindo as bases. O 10 de xaneiro farase o sorteo.

Outro dos escaparates dun dos comercios que se suman á campaña de Nadal destas asociacións./ Foto: A.R.

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies