EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA e O Barco CCA din que a hostalaría e o comercio cumpriron “de forma xeral e maioritaria o protocolo anticovid”

Ambas asociacións veñen de emitir un comunicado conxunto, ante a situación actual de contaxios no Barco, sinalando que "as causas do rebrote que actualmente estamos a sufrir están a producirse no ámbito público, pero tamén no privado, e evitar as vías de contaxio é responsabilidade de todos"

Exterior da oficina de AEVA no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Con relación aos brotes de Covid e ao incremento de casos activos rexistrados no Barco, dende a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e dende O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) vén de emitirse un comunicado no que se manifesta que “os establecementos de hostalaría e comercio cumpriron de forma xeral e maioritaria, escrupulosamente, o protocolo anticovid desde o inicio da crise sanitaria, incluso tomando a iniciativa de pechar os seus establecementos antes da declaración do estado de alarma, e solicitando en todo momento información sobre as constantes dúbidas que se suscitaron durante esta situación de crise”.

Estas dúas entidades tamén apuntan que “as causas do rebrote que actualmente estamos a sufrir están a producirse no ámbito público, pero tamén no privado, e evitar as vías de contaxio é responsabilidade de todos. Estamos nunha situación na que a crispación nos está levando a buscar culpables, cando a realidade é que a responsabilidade é global e que vai desde as decisións individuais no ámbito privado, pasando pola responsabilidade en o comportamento laboral ata as actuacións a nivel de administración pública”.

Ademais entenden que é “momento de traballar todos na medida da nosa posibilidade de actuación e deixar de perder o tempo en sinalar culpables demonizando só a un sector coma se o problema fose unidireccional. É momento de reflexionar cada unha das partes desta sociedade, que podemos achegar para frear esta pandemia en lugar de perder o tempo en buscar responsabilidades alleas”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close