EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

AEVA e O Barco CCA entregan os premios da campaña de Nadal

En total entregábanse 10 talóns de compra por valor de 100 euros cada un para reinvertir nos establecementos participantes na campaña

Un mes despois de que se coñecese os nomes dos ganadores dos talóns de compra sorteados na campaña de Nadal da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e do Barco Centro Comercial Aberto (CCA) facíase efectiva a súa entrega. O acto tiña lugar na tarde do 16 de febreiro no Barco.

En total sorteábanse 10 talóns de compra cada un dos cales tiña un valor de 100 euros, o que significa un importe total dos premios de 1.000 euros que se reinvertirán nos establecementos participantes na campaña.

Os galardonados foron os seguintes:

 

No acto participaban os premiados así como os representantes dos comercios nos que se repartiron os premios, ademais da presidente dao Barco CCA, Sandra Moldes, e de representantes do sector Comercio de AEVA no Barco e na Rúa, Pamen Cruz e Carlos Terán, respectivamente.

Fotos cedidas por AEVA.

Artigos relacionados

Back to top button