Economía

Aeva e O Barco CCA repartirán 4.000 euros en vales de compra no Nadal

Sorteos e certame de decoración nas rúas valdeorresas
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Un certame de decoración navideña nas rúas e agasallos en todos os establecementos. Son dúas das novidades da campaña de Nadal 2013 que promove a Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva) en colaboración co Barco Centro Comercial Aberto (CCA). Dende primeiros de decembro hai xa sete rúas barquenses que lucen engalanadas para dar a benvida as festas: as prazas de José Otero e Lauro Olmo, a avenida Conde Fenosa (nº 24), Eulogio Fernández, Aeva e O Barco CCA repartirán 4.000 euros en vales en compras no Nadal 2013Castelao, As Covas e a rúa da Estación (1-15).

Todas elas participan no I Concurso de Decoración Navideña que organizan as citadas asociacións empresariais en colaboración cos concellos do Barco e A Rúa. Con esta iniciativa preténdese “contribuír á ambientación das rúas nas festas navideñas, incentivar o embelecemento urbán, e estimular a creatividade e o traballo en común de comerciantes e veciños”, sinalaba Carmen Cruz, representante do sector Comercio en Aeva.

O concurso establece un primeiro premio de 150 euros e un segundo de 100 euros (cuxo importe será asumido polos concellos) e o xurado estará formado por dous representantes dos municipios participantes, dous de Aeva e un da prensa comarcal.

Ao mesmo tempo, tamén dende primeiros de mes, Aeva e O Barco CCA teñen en marcha a campaña “Este Nadal Aeva ten agasallos en todos os establecementos”, que repartirá máis de 4.000 euros en vales de compra. “Temos un sorteo para que cada establecemento participante reparta entre os seus clientes dous vales de 25 euros que o premiado terá que invertir no propio negocio”, comenta Carmen Cruz. Deste xeito, engade, as asociacións logran “fidelizar e premiar aos nosos clientes xa que cando invirtan os vales de compra teremos a oportunidade de ofrecerlles, unha vez máis, o mellor trato e o mellor produto”.

Haberá ademais diversas actividades para animar as rúas durante estas datas festivas, que se realizarán en colaboración con Morea. Serán pasarrúas nos días previos ao Nadal e á festividade de Reis. Así o Pai Noel visitará os días 21, 23 e 24 de decembro O Barco e A Rúa. E un paxe real recollerá as cartas dos nenos aos Reis Magos do 2 ao 4 de xaneiro na praza do Concello de ambas localidades.

Texto: Ángeles Rodríguez Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button