EconomíaEconomíaÚltima hora

“AEVA EmpregaTE” contará novamente co apoio da Deputación

Dous representantes de AEVA, promotora desta iniciativa, veñen de manter un encontro co presidente provincial, Manuel Baltar

Reunión Manuel Baltar (Presidente Deputación Ourense) coa Asociación de Emrepresarios de Valdeorras (AEVA). Asistene Araceli Fernández (Presidenta) e Maria del Carmen Rodríguez (VicePresidenta).

 

Representantes da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) veñen de manter unha xuntanza co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, na que se abordaba o proxecto “AEVA EmpregaTE”, unha iniciativa que desenvolve esta organización empresarial e que ten como obxectivo mellorar as posibilidades laborais das persoas desempregadas, favorecer a formación e procurar novos ámbitos laborais na comarca valdeorresa.

No encontro, ao que asistían a presidenta de AEVA, Araceli Fernández, e a súa vicepresidenta, María Carmen Rodríguez, o presidente da Deputación confírmalle a cooperación, novamente, por parte da institución provincial co citado proxecto “AEVA EmpregaTE”.

Baltar aseguraba que “todas as iniciativas que redunden na mellora da competitividade económica e social para Valdeorras sempre son benvidas”, e que esta é unha liña de acción estratéxica do goberno provincial, lembrando que neste ano 2020 a Deputación de Ourense contará cunha sede administrativa en Valdeorras, no municipio da Rúa.

“O obxectivo destas novas oficinas e –segundo o presidente- “ter un punto de encontro e atención para a veciñanza, os concellos da comarca e os diferentes colectivos sociais, empresariais e culturais de Valdeorras”, salientando que con esta nova sede “gañaremos en proximidade á cidadanía e en maior celeridade na tramitación de procedementos administrativos, tanto para os concellos da comarca como para as asociacións e colectivos que traballan nesta comarca”.

 

 

Accións formativas e inserción laboral

En canto ao proxecto AEVA EmpregaTE, Baltar e Araceli Fernández analizaron as accións formativas que abrangue esta iniciativa, relativas a orientación laboral, informática, idiomas, hostalaría, construción e rama administrativa. E no que atinxe a inserción laboral, o proxecto contempla a intermediación laboral (cun número aproximado de 300 empresas que poden participar no proxecto), así como procesos de selección de persoal e prospección de ofertas de emprego.

As actividades do proxecto contemplan a divulgación e promoción deste programa, e o orzamento destinado dedicarase a impartición de accións formativas, titorías, material didáctico e a xestión de espazos para formación, así como publicidade, redes sociais, asesoramento legal e seguros.

 

Artigos relacionados

Back to top button