EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA pedirá á Inspección de Traballo “medidas máis contundentes contra a competencial desleal”

A xunta directiva desta asociación empresarial está a recibir queixas sobre este tema dende diferentes sectores produtivos

aeva

Entre os asuntos que se abordaban na xunta directiva da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), celebraba na tarde do 16 de xuño, estaban as queixas que se está a recicibir dende diferentes sectores produtivos da zona sobre “a competencia desleal que supón a realización de traballos por parte de persoas que non teñen legalizada a súa situación empresarial”, segundo facía público esta organización empresarial.

Asemade AEVA informaba de que na súa xunta directiva acordábase por unanimidade “poñer en coñecemento da Inspección de
Traballo estes feitos e proporlle que tomen medidas máis contundentes contra a competencia desleal, para tratar de erradicar estas prácticas que están ocasionando graves perxuizos aos empresarios legalmente establecidos”.

Artigos relacionados

Back to top button