EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA pídelle aos concellos valdeorreses que aproben mocións para mellorar a N-120

Retención na estrada N-120 pola realización de obras no firme na comarca de Quiroga.

 

Seguindo un acordo tomando na última asemblea xeral da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) en novembro, esta entidade vén de remitirlle un escrito aos concellos da comarca solicitando a aprobación dunha moción “para trasladar á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia e á Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento o malestar da cidadanía polo calamitoso estado da estrada Nacional 120 e esixindo que arbitren unha solución urxente e definitiva, porque reiteradamente véñense producindo desprendementos entre o Alto da Guítara e Velle, e porque se trata dunha vella reivindicación da comarca e das forzas sociais que ata a data nunca ten sido atendida”, segundo informa AEVA a través dunha nota de prensa.

Ademais na carta enviada tamén se lles solicita aos concellos valdeorreses que “insistan na necesidade de acometer obras de reforzo e renovación do firme da N-120, e non meros parcheos, no tramo que vai dende o límite da provincia de León ata Ourense, co fin de asegurar unha solución que perdure no tempo”.

Dende esta organización empresarial tamén se lles remitiron sendos escritos aos responsables de estradas en Galicia e no Ministerio de Fomento informándoos do acordo tomado na súa asemblea xeral de socios, “tratando deste modo que o sentir unánime das forzas políticas e sociais da comarca sirva para forzar actuacións que garantan a seguridade no tránsito por esta vía”, indican no seu comunicado.

AEVA resalta o “lamentable estado de conservación da estrada e o peche ao tráfico dun carril, fai extremadamente perigoso o tránsito, que se podería complicar aínda máis se se dese o caso de ter problemas tamén co tramo que nos comunica con Castela e León, situación que xa se produciu no pasado. Todas estas circunstancias demostran, unha vez máis, a urxencia na execución da Autovía A-76; non só como unha necesidade en materia sanitaria, senón tamén dende o punto de vista da loxística empresarial”.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close