EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA pon en marcha un “protocolo especial” de atención ante o coronavirus

Exterior da oficina de AEVA no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella

 

Na tarde do 13 de marzo a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) comunicáballe aos seus asociados que ante a situación de emerxencia sanitaria actual polo coronavirus “decidiu poñer en marcha un protocolo especial composto por unha serie de medidas encamiñadas a protexer a saúde dos nosos asociados, dos traballadores da organización e da sociedade en xeral, limitando na medida do posible o contacto entre persoas”, segundo indicaba esta entidade.

Unha das medidas postas en marcha consiste en que dende o luns “día 16 e ata o día 23 de marzo, permanecerá pechada alo público e asociados a oficina. Seguiremos traballando pero farémolo a porta pechada. Para calquera consulta poden chamarnos ao teléfono 988 321150 ou escribirnos ao correo electrónico: aeva@empresariosdevaldeorras.com”.

AEVA tamén indica que chegado o “20 de marzo decidirase se prolongar esta medida ou non en función da evolución da epidemia e as recomendaciones das autoridades. Continuaremos informando aos asociados de cualquera novidade con respecto a esta situación e sobre as noticias de interese empresarial, fiscal, laboral ou de calquera índole que poidan xurdir desde as administracións públicas mediante correo electrónico”.

Dende esta entidade empresarial espérase “con estas medidas contribuír á redución dos contaxios e animamos a que se sigan todas as recomendacións dadas polas autoridades para que entre todos consigamos que a epidemia avance o menos posible”.

Artigos relacionados

Back to top button