EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA promove un curso de inglés e outro de marketing dixital e redes sociais

Dende a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) veñen de retomarse as accións formativas. Así, o 22 de setembro comezaba unha sesión presencial de presentación do curso denominada “Inglés Preparatorio para a obtención da Certificación Cambridge B”, cunha duración total de 35 horas. Impártese en modalidade Webinar (en liña) e desenvólvese en horario de 20:30 a 22:30 h.

Este curso (enmarcada no Proxecto AEVAempregaTE II, subvencionado pola Deputación Provincial de Ourense) está sendo impartido por Phyllis Taylor e Andrew Lever, docentes nativos “con experiencia en ensino en universidades, colexios, empresas e organizacións, e máster en ensino de lingua estranxeira a alumnos de fala non inglesa”, tal e como se indica dende AEVA. Este Enmarcada no Proxecto AEVAempregaTE II, subvencionado pola Deputación Provincial de Ourense,

Por outra banda, está previsto que o día 1 de outubro se poña en marcha outra acción formativa incluída en este mesmo proxecto. Trátase de “Marketing Dixital e Redes Sociais”, de 30 horas de duración, que tamén se imparte en modalidade Webinar (en liña). “As prazas dispoñibles para este curso xa se cubriron e temos solicitudes de participantes en lista de espera”, indican dende a asociación.

Na galería, imaxe do curso de inglés que está a desenvolver en AEVA. Fotos cedidas pola asociación.

Artigos relacionados

Back to top button
Close