EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA renova o seu convenio de colaboración con Abanca

A través deste acordo os asociados da organización empresarial poderán eliminar as comisións nas súas contas, tarxetas e operacións máis habituais grazas ao programa Cero Comisións do banco
A presidenta de AEVA, cos representantes de Abanca tras asinar o convenio.

Impulsar, o investimento e a mellora competitiva das empresas adheridas á Asociación Empresarial Valdeorras (AEVA). Son os obxectivos do novo acordo de colaboración que vén asinar a presidenta desta entidade, Araceli Fernández del Palacio, co director de zona de Abanca en Ourense Este, Diego Fernández Borrajo, neste mércores 17 de outubro no Barco. Este convenio facilitará que os empresarios e emprendedores asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado.

Así a través deste acordo, os asociados de AEVA contarán “con produtos especificamente deseñados para facilitar a posta en marcha de proxectos empresariais na zona ou a mellora competitiva dos que xa están establecidos. Abanca pon á súa disposición prestamos persoais e hipotecarios, pólizas de crédito, leasing mobiliario, avais, anticipos ou liñas de desconto comercial”, segundo informan ambas entidades.

Este acordo recolle ademais, entre outras cuestións, unha oferta mellorada para a contratación de TPV (Terminais Punto de Venda) da entidade e Bonos que permiten que os negocios paguen unha cantidade fixa todos os meses, incluíndo un volume de vendas pactado que se corresponde co que os negocios estiman facturar anualmente a través do TPV. O documento contempla igualmente o acceso a Aplazos, o servizo de compras de Abanca que permite aos empresarios ofrecer aos seus clientes a posibilidade de financiar a comprar de forma rápida, sinxela e económica.

Así mesmo, o protocolo estipula que os empresarios poderán beneficiarse das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con diversos organismos públicos como ICO ou Igape. Tamén poderán gozar das vantaxes do acordo do banco coa sociedade galega de garantía recíproca Sogarpo.

 

Artigos relacionados

Back to top button