En portadaGalerías de fotosÚltima hora

AEVA renovará a súa directiva en marzo

O anuncio facíao o presidente desta entidade empresarial na asemblea anual que se celebraba na tarde do 17 de novembro no Barco

As problemáticas en materia de infraestruturas, a promoción do emprego e a formación son algúns dos eixos nos que se ten centrado a actividade da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) ao longo do 2015. O seu presidente, Javier Rodríguez, afondaba en cada un deles no decurso da asemblea xeral que esta organización celebraba na tarde do 17 de decembro na Casa do Río Cigüeño, no Barco.

A súa orde do día incluía a aprobación da memoria de actividades do 2015, das contas dese exercicio e do orzamento para o do 2016, así como a ratificación das solicitudes de afiliación. No decurso da xuntanza, Javier Rodríguez tamén aludía ao proceso de renovación do actual equipo directivo e anunciaba que non vai continuar no cargo. Asemade resaltaba a importancia do labor socioeconómica que se desenvolve dende esta asociación na comarca, que considera “vital”. AEVA elixirá a unha nova xunta e a un novo presidente nunha asemblea que se celebrará en marzo.

A asemblea concluía cun recoñecemento a media ducia de empresas da comarca que cumpren 20 anos como membros de AEVA, entre elas estaba Seguros Generales Valdeorras.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button