EconomíaEconomíaÚltima hora

Aeva respalda a decisión de Javier Rodríguez de abandonar a vicepresidencia da CEO

A directiva da entidade adoptaba un acordo o 12 de maio para respaldar á renuncia do seu presidente ao cargo na patronal provincial
O presidente de AEVA, Javier Rodríguez.
O presidente de AEVA, Javier Rodríguez.

O presidente da Asociación Empresarial Valdeorras (AEVA) presentaba a primeiros de maio á súa demisión como vicepresidente primeiro da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) pola súa disconformidade coa forma na que se estaban facendo as cousas na entidade ourensá. Esta renuncia facíase efectiva ao cumprirse un ano da renovación do equipo de goberno da CEO e foi tratada na reunión dos órganos directivos da CEO do 8 de maio.

Esta demisión foi apoiada dende o colectivo empresarial valdeorrés que o 13 de maio emitía un comunicado no que se manifestaba publicamente “o respaldo da xunta directiva ao presidente de AEVA pola decisión de renunciar ao cargo de vicepresidente primero da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), polas discrepancias coa xestión do Sr. José Manuel Pérez Canal que lle impedían atender os compromisos adquiridos coas empresas e organizacións que lle prestaron o seu apoio na Asemblea Xeneral Electoral celebrada o día 25 de abril de 2013”.

Despois do presidente de AEVA, tamén presentaba tamén a súa demisión o vicepresidente segundo da CEO, José Luis Cid González, que representaba no equipo de gobierno da Confederación ao sector dos electricistas, e que argumentaba razóns semellantes ás de Rodríguez Paradelo.

Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button