EconomíaEconomíaViticultura

AEVA reúnese co alcalde do Barco para falar sobre infraestruturas

No encontro abordábanse unha serie de proxectos de interese para o sector empresarial e para a comarca de Valdeorras
Imaxe deste encontro entre AEVA e o rexedor barquense.

Representantes da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), entre eles a súa presidenta, Araceli Fernández, e a súa xerente, Luisa López; mantiñan unha reunión co alcalde do Barco, Alfredo García, no mediodía do 19 de outubro. Durante o encontro analizábanse diversas cuestións de interese para o sector empresarial e para a comarca no seu conxunto.

Así analizábanse as útimas novas recibidas “en relación co estado do proxecto da autovía A-76 no subtramo O Barco-A Veiga de Cascallá, a circunvalación do Barco, a inclusión no corredor atlántico ferroviario da liña A Coruña-Vigo-Ourense-Monforte-Valdeorras-Ponferrada-León-Venta de Baños, e a necesidade de buscar vías de colaboración para propiciar o desenvolvemento turístico da comarca”.

Tanto os empresarios como o alcalde barquense coincidían na importancia de “seguir reclamando a axilización dos trámites para licitar o subtramo da A-76 que no momento actual está máis avanzado, así como a inminente licitación da execución da obra da circunvalación, cuxo proxecto está totalmente rematado”, segundo facían público os participantes na reunión.

Artigos relacionados

Back to top button