ConcellosEconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA reúnese co presidente da Deputación de Ourense

No encontro presentáballe o proxecto piloto “AevaempregaTE”
A xerente e a vicepresidenta de AEVA na xuntanza co presidente da Deputación de Ourense.

O proxecto piloto sobre emprendemento e inserción laboral, “AevaempregaTE”, era un dos asuntos que se abordaban na xuntanza que a directiva da Asociacióin Empresarial de Valdeorras (AEVA) mantiña co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, na mañá do 11 de abril no Pazo provincial. Esta iniciativa busca mellorar as posibilidades laborais das persoas desempregadas na procura de novos xacementos de emprego na comarca de Valdeorras.

Ao encontro co presidente da Deputación asistián a vicepresidenta e a xerente da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), María del Carmen Rodríguez e Luisa López, respectivamente. Na xuntanza, Baltar coñeceu as “liñas mestras” da AEVA e garantiu que para o ano 2018, o goberno provincial destinará “unha axuda de 40.000 euros para contribuír cos gastos de funcionamento de AEVA, que agrupa a 308 empresas de sectores punteiros da economía provincial e, tamén, para un programa de inserción laboral e emprendemento”.

Asemade o presidente da Deputación de Ourense recoñeceu o labor que realiza AEVA, que actúa con carácter comarcal, e asegurou que o goberno provincial está aí “para colaborar con esta entidade ao igual que o fai con outras asociacións como son a Confederación de Empresarios ou Cámara de Comercio, para fomentar o dinamismo económico e a xeración de riqueza e emprego”.

Artigos relacionados

Back to top button