EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA reúnese coa deputada socialista Rocío de Frutos

Vén de plantexarlle cuestións en materia de infraestruturas, así como as demandas do posto principal da Garda Civil para Valdeorras e dunha unidade de estranxeiría e documentación
A deputada socialista Rocío de Frutos./ Foto: Carlos G. Hervella.

Representates da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) mantiñan o 20 de xullo unha reunión coa deputada socialista por Ourense non Congreso, Rocío de Frutos. Nela plantexábanlle “as demandas máis urxentes na comarca” e solicitábanlle a súa intermediación ante os distintos responsables do Goberno central”, tal e como se indica dende a organización empresarial.

Entre as cuestións abordadas estaban as partidas consignadas nos orzamentos xerais do Estado do 2018 para a autovía A-76 e a circunvalación do Barco, o enlace da N-120 na Rúa a rehabilitación do firme da estrada N-120. Os empresarios insistíanlle á deputada na necesidade de que “se executen as partidas consignadas, a pesar de restar poucos meses no exercicio orzamentario do 2018”.

Tamén se lle trasladaba a preocupación existente polo “deficiente estado da N-120” e pedíaselle apoio para conseguir “a implantanción dun posto principal da Garda Civil en Valdeorras”, tendo en conta que xa existe en localidades como Verín e O Carballiño. Tamén se lle solicitaba a súa intervención para “conseguir que unha unidade de estranxeiría e documentación” se implante na comarca.

 

A presidenta de AEVA, Araceli Fernández./ Foto: Carlos G. Hervella.

Dende AEVA sinálase que Rocío de Frutos “entendeu as demandas plantexadas, destacando a necesidade de axilizar a tramitación dos tramos da A-76 que se encontran máis avanzados, comprometéndose a xestionar unha entrevista co secretario de Estado de Infraestruturas para o mes de setembro”. No referente ás outras demandas plantexadas, “propón unha entrevista co recén nomeado subdelegado do Goberno en Ourense”.

Artigos relacionados

Back to top button