EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVER lanza a campaña “Dinamización comercial no Nadal” en Verín

Súmase á iniciativa "Os 6.000 de Verín" e incluirá inchables e pasarrúas pola vila durante as festas

 

Como complemento a campaña “Os 6.000 de Verín”, que se vén desenvolvendo dende hai unhas semanas, a Asociación de Empresarios/as de Verín (AEVER) vén de presentar unha campaña de animación comercial nas rúas e de promoción de vendas de cara ás vindeiras datas festivas denominada “Dinamización Comercial no Nadal”. Neste acto, que tiña lugar o pasado venres, participaban o presidente e o xerente de AEVER, Santos Álvarez e Xosé Ángel Rodicio, respectivamente.

“O Nadal é unha das épocas do ano de máis vendas no sector comercio”, destacan dende AEVER, que nos vindeiros días organizarán actividades como inchables (nas prazas García Barbón, da Mercé e do Concello) do 27 ao 30 de decembro en horario de 17h. a 20h. Poderá participarse nesta proposta de forma gratuíta cos vales que se darán por compras nos establecementos asociados a AEVER.

“O obxectivo é incrementar o poder de atracción da zona, incentivar as vendas, mobilidade dos clientes polas rúas comerciais e conciliación familiar. Mentres os nenos están entretidos e atendidos esas tres horas, os pais poden mercar tranquilamente”, indican dende a asociación.

Por outra banda, tamén están previstos pasarrúas polas zonas comerciais de Verín os días 23, 24 e 30 de decembro, así como o 4 de xaneiro. “Buscamos incrementar o poder de atracción da zona, incentivar as vendas, a mobilidade dos clientes, dar ambiente con distintas temáticas navideñas e música polas rúas”, destacan dende AEVER.

Entrega de premios da campaña “Días Azuis”

A parte da presentación da campaña, os representes da asociación felicitaban aos asociados polo traballo na Campaña dos Días Azuis, onde demos 3 premios: 2 de 250 euros para Fleco Moda e Feitizo Complementos e 1 de 150 eeuros de Bazar A Merced. “De toda Galicia, só demos  3premios Santiago e Verín, é importante o traballo”, sinala AEVER, que ademais expresa o seu agradecemento “á Federación de Comercio Ourensá e á Deputacion pola entrega de Bolsas reutilizables para os nosos asociados. Tamén agradecemos a colaboración do Concello de Verín, e por suposto, da Xunta de Galicia”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button