EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

AEVER lanza a campaña festa “Eu merco en Verín”

Trátase dunha iniciativa comercial de animación nas rúas e promoción de vendas que se celebrará o 1 de xullo

 

Incrementar o poder de atracción de Verín, incentivar as vendas e a mobilidade dos clientes, así como xerar ambiente temático e música polas rúas da vila. Este é o obxectivo da campaña festa “Eu merco en Verín”, que vén de presentar esta mañá a Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) e que se desenvolverá o 1 de xullo en horario de mañá de 11h a 13:30h., e de tarde de 17:30h a 20:30h.

“Esta é unha campaña comercial de animación nas rúas e promoción de vendas que incluirá actividades como inchables, inchables de auga e xogos interactivos (un total de 11 estacións por todo Verín)”, explican dende a esta organización empresarial. A campaña localizarase nos seguintes puntos de Verín: Praza Maior, Praza da Merced, Praza do Concello, Cruce principal (rúa Lisa con Luis Espada), Estrada de Castela, rúa Deputación, Pavillón dos Deportes, Rúa Maior.

“Para participar nestas actividades teñen que conseguirse os tíckets realizando compras nos establecementos asociados. Os tíckets canxearanse na carpa de AEVER situada na praza do Concello”, segundo explica AEVER.

 

 

A mecánica da campaña, que estará financiada pola Xunta de Galicia e que tamén conta co apoio do Concello de Verín, será a seguinte:

1. HORARIO DE MAÑÁ, deberán entregar 3 tíckets + 5€ e realizar o canxe na praza do Concello na carpa de AEVER, para conseguir a pulseira de cor azul, que lle dará a posibilidade de ir a todas as actividades durante o horario de mañá.

2. HORARIO DE TARDE , 3 tíckets + 5€ e realizar o canxe na praza do Concello, na carpa de AEVER, para conseguir a pulseira de cor verde, que lle dará a posibilidade de ir a tódalas actividades durante o horario de tarde.

3. HORARIO TODO O DÍA, deberán entregar 3 tíckets + 7€ e realizar o canxe na praza do Concello, na carpa de AEVER, para conseguir a pulseira de cor VERMELLA , que lle dará a posibilidade de ir a tódalas actividades durante o horario de todo o día.

A carpa estará aberta 1 hora antes do inicio das actividades. Deste xeito, mentres os nenos están entretidos e atendidos esas tres horas, os pais poden mercar tranquilamente.

Na páxina web da asociación tamén se disporá dunha aplicación para facer a reserva e compra das entradas.

Artigos relacionados

Back to top button