EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVER lanza a campaña “Os 6.000 de Verín”

Incluirá o sorteo de 8 cheques: un de 2.000 euros, outro de 1.000 euros e 6 de 500 euros

Imaxe da presentación da campaña./ Foto: Concello de Verín.

 

Dinamizar o comercio local e promoveras vendas. Este é o obxectivo da campaña “ Os 6.000 de Verín” que promove a Asociación de Empresarios de Verín ( Aever Verín ), en colaboración co Concello de Verín. Presentábase na mañá deste 20 de outubro na sede da asociación, contando coa presenza da concelleira da Área de Comercio, María Isabel González; do xerente da Asociación de Empresarios, José Ángel Rodicio, e do seu presidente, Santos Álvarez.

A campaña consistirá no sorteo ante notario, o vindeiro 30 de decembro, de oito cheques:

1 cheque de 2.000 €, debendo gastalo nun mínimo de 10 locais facendo un gasto máximo de 200€ en cada unha.

1 cheque de 1.000€, debendo gastalo nun mínimo de 5 locais tendas ou servizos e máximo 200€ en cada unha.

6 cheques de 500 €, debendo gastalo nun mínimo de 5 locais e máximo de 100€

Os establecementos que participarán na campaña entregarán boletos para participar no sorteo aos clientes que realicen compras do 20 de outubro do 2020 ao 26 de decembro do 2020. O diñeiro dos cheques deberá ser gastado nos locais e establecementos que participen nesta campaña.

Consulta as bases do concurso na web oficial de AEVER:  http://ccaverin.com/os-6000-de-verin

Artigos relacionados

Back to top button