ConcellosÚltima horaVerín

AEVER presenta a segunda edición da campaña de Nadal “Os 6.000 de Verín”

Desenvolverase do 18 de outubro ao 28 de decembro e incluirá o sorteo de 8 cheques: un de 2.000€, un de 1.000€ e seis cheques de 500€

Acto de presentación da campaña na sede de AEVER./ Cedida.

 

A Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER)-CCA vén de presentar esta mañana na súa sede a campaña de Nadal “Os 6.000 de Verín”, que poñen en marcha por segundo ano consecutivo, tras a “gran acollida que tivo tanto entre os nosos clientes coma nos nosos asociados”.

Neste acto participaban Santos Álvarez, presidente da entidade; José Ángel Rodicio, xerente de AEVER; e Diego Lourenzo, tenente de alcalde do Concello de Verín. “Esta é unha campaña comercial de fidelización, onde buscamos premiar os nosos clientes e intertar activar as vendas neste momento tan duro para o sector”, destacan dende AEVER.

A campaña, que comenzará o día 18 de octubre e prolongarase ata o 28 de decembro, contará coa participación dun total de 130 establecementos de AEVER. Esta iniciativa consistirá no sorteo ante notario o día 30 de decembro de 8 cheques, un de 2.000€, un de 1.000€ e seis cheques de 500€.

 

A mecánica da campaña será a seguinte: os clientes que realicen compras nas datas nas que esta iniciativa estea en marcha deberán cubrir as papeletas que lle entregue cada establecemento participante, cos seus datos de contacto (nome e apelidos, DNI e teléfono) e introducilos en calquera dos buzóns que estarán en todos os negocios da campaña. E isto implicará a aceptación das bases que estarán a disposición do público na web da asociación (www.ccaverin.com).

Unha vez feito o sorteo e localizados os premiados, estes terán ata o día 5 de xaneiro do 2022 para facer as súas compras polo importe premiado (daraselle uns pasaportes de canxe). “Hai que lembrar que o comercio de Verín e un lugar seguro para mercar,onde seguimos mantendo todas as medidas de seguridade para que sexan lugares seguros”, destacan dende AEVER.

Así mesmo, dende esta organización sinalan que “entre todos os establecementos participantes pagan o premio de 6.000€ para os seus clientes. Dende a asociación faremos os soportes publicitarios, cartelería, valos, toten, mupies, buzoneo, onde aparecerá a imaxe da campaña e os establecementos participantes”.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button