AFAOR organiza un curso de formación especializado para mulleres rurais

Representantes de Bankia e da Asociación tras a colocación da placa.

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense (Afaor), coa colaboración de CEAFA/Ministerio de Sanidad y Servicios Sociales e Igualdad e a Asociación de Mulleres Rurais “A Lomba”, realizou un curso de formación especializada para mulleres rurais.

Este programa recibiu unha aportación de 3.800 euros da Rede Solidaria de Bankia, que se trata dunha iniciativa pola cal os empregados do banco apoian un proxecto social próximo que elixen a principios de ano se logran alcanzar os seus obxectivos de negocio no conxunto do exercizo. Nesta ocasión, o proxecto foi seleccionado polos integrantes da Dirección de Zona de Galicia de Bankia.

Un total de 197 proxectos recibiron apoio económico por máis de 1,25 millóns de euros grazas ao programa do banco, o que favoreceu a máis de 43.900 persoas en todo o ámbitos nacional.

Deste xeito, a entidade apoia ás asociacións, fundacións e ONG que desenvolven programas de acción social nestas zonas e que xeran un impacto local perceptible polos seus clientes e empregados.

Neste curso trataron os módulos de Actividade Mental, Alimentación, Actividade Física e Igualdade.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies